Este web emprega cookies. Se segues a navegar estarás aceptando o seu uso. Máis información
Unión Europea

Esqueiro

Responsabilidade Social Corporativa


Dende o seu nacemento no ano 97, ESQUEIRO, S.L. ostenta unha experiencia moi ampla no desenvolvemento, execución e mantemento de instalacións eléctricas petrolíferas, fontanería e calefacción, avalada polos correspondentes certificados que acreditan a súa grande profesionalidade e a satisfacción demostrada polos múltiples clientes para os que desenvolveu importantes traballos a nivel nacional e internacional.

Ditos logros foron posibles grazas ao seu firme compromiso coa sociedade en todas as dimensións que integran a súa actividade empresarial, principalmente medioambiental, social e económica, tratando de minimizar os impactos negativos sobre ditos ámbitos a través, dunha eficaz estratexia de sostibilidade asentada sobre uns principios éticos fortes, e política de transparencia, aplicados pola empresa a todos os factores internos e externos que interveñen no proceso produtivo. Co fin de afianzar dito compromiso, e o cumprimento dos principios implantados, elaborouse un modelo de Responsabilidade Social Coorporativa (RSC), establecendo un código de conducta interno, un código de conducta de sucontratistas e provedores, e unha directriz de implantación, de cuxo control se encargará un comité de RSC, quen anualmente emitirá un informe sobre os hitos alcanzados. Á Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de ESQUEIRO, S.L. articúlase sobre o acotamento dos principios propugnados por:

- Declaración Universal dos Dereitos Humáns.

- Convencións e Recomendacións da Organización Internacional de Traballo.

- Os Principios de Global Compact de Nacións Unidas á que se encontran adherida dende o 29-12-10.

- Os principios do Base Code do Ethical Trading Initative (ETI).

- A lexislación nacional e internacional Laborabel e de Prevención de Riscos Laborais.

- A lexislación nacional e internacional, en materia Medioambiental.

Os anteriores principios contituen o mínimo reto do compromiso social ó que aspira ESQUEIRO, S.L., quen en garantía do seu cumprimento implantou un Sistema Integrado de Xestión (SIG) da calidade e medioambiental, obtendo os correspondentes certificados emitidos por Bureau Veritas do cumprimento das normas ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015.


Voltar